UWB Crest

School of Modern Languages

Actos do Centro de Estudos Galegos

Actos Pasados

En marzo de 2008 co-acollemos o congreso internacional “Saíndo da nación: máis alá do nacional na produción galega contemporánea”, organizado conxuntamente coa Escola de Linguas Modernas da Universidade de Liverpool. Programa (MS Word). Máis información sobre o proxecto.

O 24 de Outubro de 2007 acollemos a poeta galega Chus Pato e a poeta e tamén tradutora canadense Erín Moure. Moure falou sobre a súa experiencia traducindo o traballo de Chus Pato, e a súa conferencia foi seguida pola lectura bilingüe que ambas as dúas fixeron dos seus propios poemas. A introdución de Chus Pato pódese descargar en versión galega, inglesa e galesa (en formato PDF). Galería de fotos.

O Centro de Estudos Galegos en Gales estivo representado no Festival National Eisteddfod na vila de Mold, en agosto de 2007. O amplamente recoñecido escritor e tradutor galego Xurxo Borrazás falou sobre lingua e literatura en Galicia. A súa conferencia foi pronunciada en galego e traducida simultaneamente ao galés. A continuación, serviuse un aperitivo con viño e queixos galegos. A conferencia de Xurxo Borrazás pódese descargar (en formato PDF), en versión galega, galesa e inglesa.

O Centro de Estudos Galegos en Gales, xunto con CILT Cymru e o Subject Centre for Languages, Linguistics and Area Studies organizaron un simposio dun día, o 20 de xuño de 2007, sobre  as linguas menos ensinadas no Reino Unido. As conferencias pronunciadas polos falantes convidados estarán axiña dispoñíbeis na páxina web de CILT Cymru. Preme aquí para obter máis información.

O Centro de Estudos Galegos en Gales celebrou o seu acto de inauguración o 1 de novembro de 2006. O Doutor Sharif Gemie (Universidade de Glamorgan) desenvolveu unha conferencia titulada “Nacionalismo tardío na Galicia contemporánea: identidade, xénero e a música de Mercedes Peón” (esquema, en documento de Word). Ao seu parladoiro seguíronlle as directrices sobre música tradicional e a actuación realizada por Mercedes Peón, quen introduciu á ecléctica audiencia o son e a historia dos cantares e dos instrumentos galegos tradicionais.

Actos futuros