UWB Crest

School of Modern Languages

Galicia 21: Xornal de Estudos Contemporáneos Galegos

Sobre Galicia 21

Galicia 21: Xornal de Estudos Galegos Contemporáneos pretende reunir propostas multidisciplinares xunto con aqueles temas de actual e crecente interese dentro do campo dos Estudos Galegos. Pon especial énfase  na discusión e no debate centrados na temática relacionada con esta disciplina en crecemento, para fomentar así as conexións con outros marcos e  enfoques semellantes.

Ademais de ofrecer un novo foro sobre un nivel realmente internacional de compromiso crítico, no que as/os investigadoras/es poden debater, cuestionar e criticar os paradigmas xa existentes no  campo, este xornal ten como obxectivo expandir e redefinir os parámetros conceptuais dos Estudos Galegos do século vinte e un.

Galicia 21: Xornal de Estudos Galegos Contemporáneos será unha publicación anual que estará dispoñíbel gratuitamente na rede. Admitimos contribucións de investigadoras/es que traballen en calquera disciplina relacionada coa lingua galega, dende a sociolingüística á historia cultural, dos estudos de tradución á filosofía, dende a publicidade á historiografía, do poscolonialismo aos estudos de xénero. Os contidos consistirán en sete artigos, cinco reseñas de libros e un ensaio dun escritor invitado.

http://www.galicia21journal.org/

Editoras/es

Dra. Helena Miguélez-Carballeira   (Universidade de Bangor)
Dr. Craig Patterson  (Universidade de Cardiff)

Editoras/es asesoras/es

Carmen Fernández Pérez-Sanjulián (Universidade da Coruña)
Carlos Paulo Martínez Pereiro (Universidade da Coruña)
Helena González (Universidade de Barcelona)
David MacKenzie (Universidade de Cork)
Kirsty Hooper (Universidade de Liverpool)
Derek Flitter (Universidade de Exeter)
Gabriel Rei-Doval (Universidade de Wisconsin-Milwaukee)
John Rutherford (Universidade de Oxford)
Attilio Castellucci (Universidade de Roma)
María do Cebreiro Rábade Villar (Universidade de Santiago de Compostela)
Henrique Monteagudo (Universidade de Santiago de Compostela)
Anxo Lorenzo (Universidade de Vigo)
Xosé Manuel Dasilva (Universidade de Vigo)
Olga Castro Vázquez (Universidade de Vigo)

Editora de recensións

María Liñeira (Queen’s College, Universidade de Oxford)

Comité editorial

Xabier Cid Fernández (Universidade de Stirling)
Marta Prego Graña (Universidade de Bangor)

Detalles de entrega

Admitimos artigos de 5-8000 palabras aproximadamente, escritas en inglés ou galego, a través do correo electrónico. As pautas para a edición están dispoñíbeis en inglés ou en galego.

As recensións non deberán superar as 2000 palabras, e poderán ser escritas en inglés ou en galego. As normas para as recensións están dispoñíbeis en inglés ou en galego.

Os artigos deberán ser enviados a as/os editoras/es:

Dra. Helena Miguélez-Carballeira: h.m.carballeira@bangor.ac.uk


Dr. Craig Patterson: pattersonc1@CARDIFF.AC.UK

As propostas para as recensións deberán ser enviadas á editora de recensións:

María Liñeira: maria.linheira@queens.ox.ac.uk