UWB Crest

School of Modern Languages

Recursos do Centro de Estudos Galegos

Recursos

O Centro de Estudos Galegos en Gales acolle unha colección aberta de recursos bibliográficos e audiovisuais, que pode ser consultada por estudantes e investigadores nas súas instalacións. As nosas listaxes bibliográficas actualízanse regularmente, incorporando así as novas adquisicións. Admitimos peticións de novas adquisicións por parte de investigadoras e investigadores en calquera tema relacionado cos estudos galegos.

O Centro de Estudos Galegos en Gales agradece ás seguintes persoas e institucións as súas xenerosas doazóns para a súa biblioteca: Consello da Cultura Galega, Fundación Carlos Casares, Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, a Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Biblioteca Poeta Díaz Castro (Guitiriz), o Centro de Estudos Galegos de Oxford, o Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense (Madrid), Xurxo Borrazás, Carmen Blanco, María do Cebreiro Rábade Villar, María Reimóndez, Claudio Rodríguez Fer, Xiana Arias Rego, Daniel Salgado, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade Paredes, Swyn Angharad Spencer, e o Núcleo de Estudos Galegos da Universidade Federal Fluminense (Niterói), a Deputación Provincial de Pontevedra, Turgalicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Consellaría de Cultura e Deporte, Edicións Ollo Público, o Instituto Cervantes, Cambio 16, a Universidade de Edimburgo, a Asociación de Gaiteiros Galegos, o obradoiro de arquitectura e deseño Desescribir, a Central Folque, e o Concello de Noia.

Para calquera consulta contacta con Marta Prego Graña (m.prego@bangor.ac.uk).

As seguintes ligazóns abren os arquivos PDF que amosan os fondos actuais do Centro: